jueves, 22 de mayo de 2014

grafiti

Denomínase Graffiti (palabra plural tomada do italiano graffiti, que vén do verbo graffire) a varias formas de expresión artística, realizadas principalmente sobre mobiliario urbano, buscando a maior difusión pública da peza, e xeralmente utilizando a técnica denominada Bombing, consistente na utilización de pintura en spray para levar a cabo as obras.
Na linguaxe común, o Graffiti é o resultado de pintar por riba dos muros imaxes, frases ou palabras que decote van cargadas con contido político ou social; pode de igual xeito tratarse dunha sentenza ofensiva ou dunha reivindicación, polo que o Graffiti non se axusta á vixencia lexislativa, prescindido de autorizacións, malia que ás veces as pintadas se realizan baixo supervisión e control.
No eido dos graffitis cómpre lembrar a Keith Haring (1958 - 1990), pintor norteamericano que alcanzou a fama coas pintadas realizadas sobre os vagóns do metro de Nova York nos anos 80 do pasado século.
O lado occidental do Muro de Berlín estivo totalmente cuberto de pintadas, nunha clara expresión de reivindicación política contra o Muro.

gif animator secuencia

Check out this Picasion.com animated GIF:: Picasion.com GIF maker